martes, 17 de noviembre de 2020

OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

 Ola a todos, nesta entrada do blog vou falar sobre a obsolescencia programada, que é e a miña opinión. Tamén haberá ao final unha reflexión sobre os residuos electrónicos.


OBSOLESCENCIA PROGRAMADA: A sufrimos? De que forma?

QUE É?
A obsolescencia programada según WIkipedia é a determinación ou a programación da fin da vida útil dun produto de forma que, tras un período de tempo calculado de antemán pola empresa durante a fase de deseño do mesmo, este se volva obsoleto, non funcional, inútil ou inservible por diferentes procedementos. 
 
EXEMPLOS: 
 
  •  Tintas da impresora: En realidade non é exactamente que os cartuchos vaian estropearse antes de acabalos ou utilizalos ao completo, senón que algúns deles traen "chips" que fan que a impresora non siga imprimindo en color aínda que os cartuchos teñan tinta.

  • Videoxogos: Na industria dos videoxogos hai unha clara obsolescencia, e neste caso tampouco é que as consolas se estragen, senón que moitas empresas sacan un xogo por ano con moi poucas diferencias entre cada un, isto fai que a xente compre cada o xogo polos poucos cambios que se prometen, pero ao final non hai tanta diferencia. Tamén os xogos que se crean nunha xeración de consolas, non serven para a seguinte xeración, e isto non solo pasa coas actuais consolas de Sony ou Microsoft, senón que xa pasaba coas antigas "Nintendo".

  • "Smartphones": Seguramente o exemplo máis claro da obsolescencia programada.

  • As compañías fan todo tipo de cousas pouco éticas como deixar a vida útil dun teléfono en 2 anos a través da batería por exemplo, ou de distintos elementos que programan. Pero tamén poden facer que cambiemos de móbil cando algunha app que precisamos, por exemplo no noso traballo, deixa de funcionar. Tamén pode pasar que ao ter un dispositivo máis ou menos antigo, comece a haber erros na seguridade e é que canto máis antigo sexa o noso móbil, menos seguros están os nosos datos.















SUFRÍN OBSOLESCENCIA PROGRAMADA?

Na miña opinión, eu creo que no sufrín nunca este fenómeno xa que o meu anterior móbil duroume máis de 2 anos aínda que non sei canto exactamente, e en outro aparellos electrónicos non son consciente de que me ocurrira así que eu diría que non.

RESIDUOS ELECTRÓNICO: ONDE ACABAN? 

Moitos aparellos electrónicos que deixamos de usar, os gardamos na nosa casa coma se foramos a usalos posteriormente, porén, a maioría non os volvemos a utilizar e cando os tiramos, cerca do 90%, rematan queimados ou desfeitos, ou sexa, non reciclados. Tamén hai unha gran cantidade deles que rematan en continentes como África ou Asia xa que é moi caro reciclalos e barato reintroducilos de maneira ilegal en países máis pobres. Estes datos proveñen do "Programa das Nación Unidas polo Medio Ambiente" ou UNEP.

A parte ilegal destes transportes é que violan a convención de Basilea de 1992. O que se propuxo nesta convención era a prohibición do envío de substancias tóxicas a países subdesenrolados e tamén está a prohibición por parte da Unión Europea do envío de residuos a países fóra da Organización de Cooperación e de Desenrolo Económico.





















FONTES:


StopMotion

  ¡Hola a todos! En esta última entrada del curso os voy a mostrar un StopMotion. ¿QUÉ ES? Un StopMotion es una especie de vídeo, más bien e...