Ola a todos, nesta entrada do blog vou falar sobre a obsolescencia programada, que é e a miña opinión. Tamén haberá ao final unha reflexión sobre os residuos electrónicos.
OBSOLESCENCIA PROGRAMADA: A sufrimos? De que forma?
- Tintas da impresora: En realidade non é exactamente que os cartuchos vaian estropearse antes de acabalos ou utilizalos ao completo, senón que algúns deles traen "chips" que fan que a impresora non siga imprimindo en color aínda que os cartuchos teñan tinta.
- Videoxogos: Na industria dos videoxogos hai unha clara obsolescencia, e neste caso tampouco é que as consolas se estragen, senón que moitas empresas sacan un xogo por ano con moi poucas diferencias entre cada un, isto fai que a xente compre cada o xogo polos poucos cambios que se prometen, pero ao final non hai tanta diferencia. Tamén os xogos que se crean nunha xeración de consolas, non serven para a seguinte xeración, e isto non solo pasa coas actuais consolas de Sony ou Microsoft, senón que xa pasaba coas antigas "Nintendo".
- "Smartphones": Seguramente o exemplo máis claro da obsolescencia programada.
- As compañías fan todo tipo de cousas pouco éticas como deixar a vida útil dun teléfono en 2 anos a través da batería por exemplo, ou de distintos elementos que programan. Pero tamén poden facer que cambiemos de móbil cando algunha app que precisamos, por exemplo no noso traballo, deixa de funcionar. Tamén pode pasar que ao ter un dispositivo máis ou menos antigo, comece a haber erros na seguridade e é que canto máis antigo sexa o noso móbil, menos seguros están os nosos datos.

